EXCURSION FIN DE CURSO DOMINGO 3 XUÑO: ECOPARQUE ATALAIA

Estimadas familias,

Como todos os anos, dende a ANPA organizamos unha excursión de fin de curso para desfrutar dun día en comunidade. Este ano decidimos visitar o  ECOPARQUE ATALAIA DE COTOBADE    http://www.aventurariasbaixas.com/ecoparque-atalaia

A excursión será o domingo 3 de xuño, e sairemos en autobús dende diante do colexio as 9:30 horas para viaxar ata Cotobade, Pontevedra, onde temos xa reservado un día de aventuras para os nenos e adultos. A data estimada de regreso a Santiago é as 19:00 h.

Proponse que cada familia leve a súa comida, existindo unha zona de mendereiros onde poderemos comer.

Os rapaces de infantil, primeiro e segundo participarán nas actividades de : Granxeiro por 1 día + taller de horta + gynkana de xogos.

Os rapaces de terceiro, cuarto, quinto e sexto participarán nas actividades de paintball + búsqueda do tesouro + una visita guiada a  “A Casa do rural galego” máis ao Muiño da Fonteseca.

Os adultos terán incluida una visita guiada a  “A Casa do rural galego” máis ao Muiño da Fonteseca. Aqueles adultos que o desexen, previa reserva e abono dos 15 € a maiores, poderán participar no Grand Prix Atalaia.

CUSTE:

Nenos 20 euros  (agás os nenos menores de 3 anos que entran de balde e non participan nas actividades. Terán que estar a cargo dun adulto)

Adultos 5 euros. Actividade  para os adultos que o desexen GRAN PRIX custe 15 euros. Imprescindible anotarse.

Aquelas familias que non sexan socias da ANPA teñen un sobrecuste de 5€ por persoa para sufragar o pago do autobús. Para os socios este servicio é gratuito pero deberán informar de se o van a utilizar e cantas persoas irán nel, os nenos menores de tres anos tamén contan para os sitios no bus, ainda que non paguen actividades.

Inscrición:

  Apelidos e Nome Número Curso Bus o coche Socios
Adultos

 

 

         
Nenos

 

 

         
Participantes

Gran prix

         

A data límite para inscribirse é o mércores 9 de maio.

Pago: facer unha transferencia ou un ingreso na nosa conta de Abanca: ES72 2080 0349 8330 4000 1781

Poñendo ASUNTO:

“EXCURSIÓN ANPA” e os apelidos familiares e se és socio. Por exemplo:  “EX. ANPA familia Rodríguez Rodríguez”.  SOCIO

As inscripcións entregaranse no buzón da ANPA ou na cnserxería da escola.

Esta entrada fue publicada en Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s