Ábrese o prazo de inscrición para o Programa de Conciliación de Nadal

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, anunciou que este venres, 24 de novembro, ábrese o período de inscrición para o Programa Municipal de Conciliación do Nadal 2017-2018. O prazo remata o 11 de decembro. Ofrécese un total de 100 prazas, que serán outorgadas por orde de inscrición. As actividades realizaranse novamente no CEIP Raíña Fabiola e no CEIP As Fontiñas.

A inscrición realizarase a través Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa do Presidente Salvador Allende, 4). Haberá que cubrir o formulario dispoñible nesta web, no Departamento de Educación e Cidadanía ou no propio Rexistro. A admisión será por rigorosa orde de inscrición.

Manuel Dios lembrou que o programa está dirixido a nenos e nenas cunha idade entre os 3 e os 12 anos, empadroados no Concello de Santiago ou que estean matriculados nun dos centros de infantil e de primaria da cidade. As actividades desenvolveranse os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro de 2017, e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2018.

Modalidades e descontos
Este programa de conciliación ofrece diferentes posibilidades para as familias, que poden escoller entre catro modalidades: completa, de 7:45 a 16:00 horas, con servizo de madrugadores, almorzo, comedor e actividades; de madrugadores con almorzo e actividades, dende as 7:45 ás 14:00 horas; de comedor con actividades, de 9:00 ás 16:00 horas; e de só de actividades, de 9:00 a 14:00 horas. Poderanse escoller tamén días soltos.

Os prezos dependerán da modalidade elixida, con descontos do 20% nos prezos sempre que acrediten ser familia numerosa e que participen dous irmáns da mesma familia. Así, por exemplo, o programa completo, de 9 días en total, ten un prezo de 179,19 euros, pero co desconto quedaría en 143,28 €. Por día solto, o prezo é de 22,50 € (18 € co desconto).

No caso das familias con escasos recursos estableceranse reducións do 50% ou do 100%. Para optar a estas reducións, as familias deberán contar co informe previo do Departamento de Servizos Sociais, que será o que determine a porcentaxe de desconto a aplicar.

Ficha inscripción

Esta entrada fue publicada en Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s