Aula de tarde

LUNS: OBRADOIROS GASTRONÓMICOS

.

Espazo onde se aprenderán hábitos saúdables, compostura na mesa, receitas variadas, desde as máis tradicionais ás máis innovadoras, pasando por pratos típicos de diferentes países coa fin de dar a coñecer tamén outras culturas do mundo…

.MARTES: ARTES ESCÉNICAS

Co ánimo de fomentar a lectura e a expresión corporal, faranse sesións de contacontos, elaboración de monicreques, pequenas representacións teatrais, adiviñas, refráns, xogos para a prender a controlar os nosos movementos e expresarnos a través dos sentidos, instrumentos musicais…


MÉRCORES: ARTES PLÁSTICAS

Diferentes obradoiros onde crearemos todo tipo de manualidades a través da pintura, modelado, o emprego de material de refugallo… Coa fin de fomentar os traballos manuais e a imaxinación con cada unha das actividades…

XOVES: IDIOMAS E CULTURAS DO MUNDO

Coa fin de dar a coñecer as distintas culturas do noso planeta, a través da lectura, da elaboración de maquetas, de xogos típicos de distintos países, comezaremos no primeiro trimestre a traballar con países onde a fala inglesa é o principal idioma e despois viaxarase a distintas partes do mundo, incluída a nosa Galicia…

VENRES:DEPORTES E XOGOS GRUPAIS

Realizaranse todo tipo de xogos tradicionais coa finalidade de dar a coñecer a nosa cultura; así como individuais e grupais, para o desenvolvemento da persoa tanto en contexto de individuo como integrante dun grupo e coa fin de loitar contra o sedentarismo; de mesa, porque nos días de chuvia non se pode saír tanto ao exterior pero non por iso non hai que renunciar á diversión….

E xa sabes, se te queres unir a estas tardes de Ramón Cabanillas, será todo un pracer gozar da vosa compaña de 16.30 a 18.30 todos os días da semana!

2 respuestas a Aula de tarde

  1. Covadonga dijo:

    Buenas tardes, querría enviar mi currículum para trabajar como monitora ( manualidades, comedor, deportiva…) – la verdad no sé si estoy en el lugar correcto- pero sino es así, por favor querría que me diesen un correo o una dirección alternativa para poder enviarlo, un abrazo!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s