Asociarse

A cota de socio da ANPA As Brañas do CEIP Ramón Cabanillas para o curso 2016/2017 é de 15€ por familia.

Para darvos de alta debedes remitirnos esta solicitude de alta de socio/a por correo electrónico ou entregala no colexio e despois facturarémosvos a cota na conta que nos indiquedes. Para participar na aula de tarde ou nas actividades extraescolares, é requisito indispensable ter a cota da ANPA ao día.

Os socios terán beneficios tales coma participación de balde ou descontos en actividades complementarias. En todo caso, cantas máis familias se fagan socias da ANPA, máis actividades e servizos poderán ser xestionadas para beneficio de todos.

DEZ RAZÓNS PARA TRABALLAR NUNHA ANPA :

  1. Porque é a nosa responsabilidade educar aos nosos/as fillos e fillas.
  2. Pola necesidade de estar unidos/as á hora de reivindicar aspectos que nos axuden a mellorar a escola pública.
  3. Porque un movemento de nais e pais agrupadas/os fai que as súas iniciativas e peticións sexan vistos con maior respecto polas administración públicas, polo profesorado, pola sociedade, etc.
  4. Porque existe un marco legal onde se ampara o noso dereito a participar na vida do Centro Escolar.
  5. Pola importancia de “levar” aos consellos escolares a presenza dos/as pais e nais, organizados/as nas ANPA, para defender os intereses de todos/as, non os individuais.
  6. Porque se as/os nais e pais non somos capaces de motivarnos pola educación dos/as nosos/as fillos e fillas… por quen o faremos?
  7. Porque se non somos activas/os e participativas/os, como explicarlle ás/aos nosas/os fillas e fillos que teñen que ser persoas implicadas nunha sociedade onde poidan e deban expresarse, participar e corresponsabilizarse no seu propio futuro.
  8. Porque para realizar a formación activa dos/as pais e nais é necesario unir esforzos e ideas.
  9. Porque as ANPA deben traballar pola integración no seu contorno, facendo uso das instalación do centro educativo.
  10. Porque todas e todos somos necesarias/os para mellorar a calidade de vida para as/os nosas/os fillas e fillos.
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s