Banco de libros 2014

Últimas novidades (27.06.2014)

O vindeiro martes 1 de xullo, de 17:00 a 18:00, volveremos estar na casa do bedel, para aqueles que non recollestes os lotes e porque aínda hai libros de 3º, 4º e La Nave de los Libros de 2º (lecturas). Despois podedes chamar ao 663 588 556, por se aínda quedase algún (ata o 18 de xullo).

Importante para os de infantil (5 anos): os libros de lecturas de 1º (La Nave de los Libros) non se depositaron no banco de libros por un problema de comunicación e quedaron nas aulas. A coordinadora de primeiro ciclo (Choni) informounos que vos podedes dirixir a ela no mes de setembro e solicitarlle eses libros.

Resultado do banco de libros 2014

Este ano chegáronnos ao banco de libros os libros de 89 alumnos/as: 0 de primeiro, 5 de segundo, 15 de terceiro, 28 de cuarto, 24 de quinto e 17 de sexto.

Como resultado, os que ides para segundo ou terceiro recibides todos os libros; e en cuarto, quinto e sexto,  fixemos o reparto máis equitativo posible, aínda que algúns recolleredes libros de menos materias que as que entregastes.

Pola contra, sobraron libros de terceiro e cuarto, e tamén temos dispoñibles algúns de lectura de segundo (La Nave de los Libros). Víndeos buscar!! Mesmo se non entregastes a ficha. Estes libros “sobrantes” distribuirémolos por orde de chegada mañá xoves 26 de xuño, de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00, na casa do bedel, ata que se esgoten.

Outra aclaración importante: os libros da ESO recóllense nos institutos (Sar e Pontepedriña) aos que vaian ir  os alumnos, nos días e horas que figuran na ficha de entrega.

Se tendes algunha suxestión, facédenola chegar! Grazas

Posta en marcha do banco de libros 2014

A ANPA pon en marcha un ano máis o “banco de libros”. Como xa sabedes, esta iniciativa consiste en que se poden entregar os libros utilizados este curso polos vosos fillos e fillas e, a cambio, pódense recibir os libros do próximo curso. Por exemplo, eu entrego os libros da miña filla de 3º e, a cambio, recibo os de 4º doutra nena que tamén os entregase.

Como podedes imaxinar, organizar isto non é un proceso sinxelo e require da boa vontade e colaboración de todas as persoas interesadas. O máis importante é pensar que podemos entregar os libros que xa non imos necesitar e permitir que outra persoa os utilice é mellor que almacenalos para os nosos netos ou tiralos á cacharela.

As persoas que entreguen os libros deberán deixalos coa ficha que repartimos no cole cuberta cos datos persoais e unha X  nos libros que ceden.

Os nenos de 1º que queiran entregar libros de lectura, poden deixalos simplemente cun papeliño co seu nome e apelidos e vir despois recoller libros de lectura de 2º.

As persoas encargadas de recollelos comprobarán que os libros se atopan en bo estado (enteiros e limpos: borrados, con typex…). Cando remate o prazo de entrega, os libros recibidos de cada curso repartiranse entre as persoas que deixaran os do curso anterior.

Para os que cedan os libros de 6º e vaian estudar en Pontepedriña ou Sar organizarase a entrega de libros de 1º da ESO, en coordinación coa ANPA de Pontepedriña e Sar, da mesma maneira. Repartiranse os libros doados entre as persoas que deixasen os libros de 6º no seu colexio de orixe.

Datas de entrega e recollida:

Os nenos e nenas poderán deixar os libros no colexio na hora de clase o xoves 19 de xuño. A data para recoller libros do curso seguinte é o xoves 26 de xuño, de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00.

A recollida de libros de 1º da ESO é:
– IES Pontepedriña: luns 30 de xuño de 18:00 a 21:00
– IES Sar: venres 27 e luns 30 de xuño de 17:00 a 19:00

Esta entrada fue publicada en Libros de texto, Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s