Información sobre a LOMCE

Estimadas familias:

Somos conscientes da preocupación das familias polo tema das reválidas que segundo a lei,deberán realizar os nenos de terceiro e sexto de primaria.

Outras ANPAS e organizacións manifestaron a súa franca oposición a que os nenos deban realizar este tipo de probas, e así o demostraron en diferentes protestas, incluíndo a decisión de non mandar ós nenos á escola ese día para boicotear a realización da proba.

Dende a directiva da ANPA consideramos se trata dunha cuestión na que debe decidir cada familia en particular, sen necesidade de que se aporte unha postura común de toda a ANPA. En calquera caso, respondendo á demanda de información que algúns pais nos fixeron chegar, queremos facervos chegar os documentos que dispoñemos e que expoñen en particular as razóns polas que tantas asociacións de pais, así como a Plataforma pola defensa do ensino público se opoñen ás reválidas.

Esperamos que vos serva de axuda.

Decálogo de motivos polos que estamos en contra da LOMCE (Federeración de ANPAS de Compostela)

Comunicado Plataforma en Defensa do Ensino Público (Plataforma en defensa do ensino público)

Tamén a propia LOMCE e a información aportada pola Consellería de Educación

LOMCE (Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para la mejora de la calidad educativa)

Avaliacións individualizadas de educación primaria. Curso 2015/2016 (Consellería de educación)

Anuncios
Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

Escola de Pais e Nais: Grupos de encontros educativos habilidades sociais

Dende a ANPA organizamos un encontro educativo dirixido aos pais e nais para mellorar as nosas destrezas educativas cos fillos e fillas. Falaremos sobre todo de facilitar a adquisición de estratexias efectivas para a apredizaxe das habilidades sociais no contexto familiar; promover metodoloxías que faciliten a aprendizaxe das destrezas; outorgar a nais e país un rol relevante; adecuar os contidos ás necesidades das nais e país participantes no proceso formativo e promover espazos de aprendizaxe adaptados ás necesidades das nais e país que teñen un componente claramente participativo.

Children at play

O encontró desenvólvese en 2 sesións formativas cunha metodoloxía baseada fundamentalmente na participación activa das persoas asistentes para tratar de integrar dunha forma moito máis efectiva os contidos tratados.

Na 1ª sesión tratarase a apredizaxe das habilidades sociais na relación entre país e nais cos seus fillos e fillas. Na 2ª sesión veranse estratéxias prácticas para o traballo en habilidades sociais.

Día: 3 de Maio (1ª sesión) 10 de Maio (2ª sesión)
Lugar: Biblioteca do CEIP Ramón Cabanillas
Hora: 17:30 h – 19:30 h

Esta activiade está impartida por Ramón Molina Gómez, Educador social e padagogo de  Arelar Xestión Socioeducativa. Xa impartiu máis actividades similares no noso colexió en outras ocasión cun gran exito.

Nota: recordade que podedes deixar a os vosos fillos na Aula de Tarde durante a actividade completamente de badel a cargo da ANPA. Só vos pedimos que nolo digades antes para planificar o servicio.

Publicado en Escola de pais e nais, Uncategorized | Etiquetado | Deja un comentario

Xornadas de achegamento ao squash

A Federación Gallega de Squash, invítanos a unha xornada para dar a coñecer este deporte.

Durante a mesma impartiranse unhas nocións básicas e se xogarán uns partidos entre os participantes.

Actividade: Squash en familia
Data: 30/04/16
Hora: 17:00-20:00 h.
Lugar: Club de Squash Milladoiro

Destinatarios: Nenos dende os 5 anos (recomendable acompañados por adulto)
Data límite de inscrición: mércores 27/04

Squash court

A xornada finalizará cunha exhibición a cargo de Borja Golán, nº 5 do mundo e actual campión de España.

Todos os interesados en asistir deben facer a inscrición ata o día 27 de abril, polos seguintes medios:

Publicado en actividades | Etiquetado | Deja un comentario

Charla: Como falar cos nosos fillos e fillas de sexualidade?

Organizado polo equipo Docente do colexio e a Anpa, convocamos á charla para país, nais e profesorado, o vindeiro:

Día: Martes, 12 de abril
Hora: 17:30 – 19:30
Lugar: Biblioteca do Ceip Ramón Cabanillas
Hai un consenso xeneralizado de que a familia constitúe o ámbito fundamental para a educación afectivo sexual das persoas. Con todo, téndese a pensar que esta debe comezar na adolescencia, sen decatarnos de que educamos sexualmente os nenos e as nenas desde que nacen, aínda que non sexamos conscientes diso.

220px-Combotrans.svgTratar o tema cos nosos fillos e fillas adoita resultar dificultoso. Convocamos esta xuntanza de reflexión e debate, para que PAIS e NAIS nos fornezamos de recursos e estratexias con que abordar o tema nas nosas casas, pois o verdadeiro protagonismo da educación sexual dos nenose nenas correspóndenos a nós.

Normalmente, ante a pregunta de como falar cos nosos fillos de sexualidade a resposta máis frecuente vai encamiñada á información sexual, orientada sobre todo á adolescencia e á prevención de embarazos e enfermidades. Este enfoque non semella que estea a ser todo o eficaz que nos gustaría. Isto débese a que a información sexual, non é suficiente e non pode transmitir o máis importante: lograr que as persoas teñan condutas e actitudes positivas cara á sexualidade.

Este traballo só se pode facer desde a casa.A educación sexual é máis formar que informar:  persoas responsables, capaces de asumir actitudes positivas nas súas relacións cos outros.
Educación sexual é comprender a sexualidade como un valor positivo que temos todas as persoas, como un proceso básico para a vida e o san desenvolvemento das persoas, entender o feito de construírnos como seres únicos, como home ou como muller, entender desexo, a autoestima, as emocións, a responsabilidade, o autocuidado, a erótica, …

A sexualidade é unha faceta humana que forma parte da totalidade do individuo xa desde o momento do nacemento, a nosa parte biolóxica que se entrelaza coa psicolóxica e a social interactuando indivisiblemente e particularmente únhas coas outras.
Conscientes da importancia do tema, dende a dirección do centro e da Anpa, convidámolos a participar nesta actividade.

Publicado en Escola de pais e nais | Etiquetado | Deja un comentario

Video sobre TDH

Un video que pode ser do voso interes sobre o TDH (Transtorno de deficit de atención por hiperatividade)

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

Clases de apoio de balde

 A Asociación Veciñal de Pontepedriña está a promover  clases de apoio ao estudo de balde para estudantes de Primaria, ESO e BACHARELATO no Centro Socio Cultural de Pontepedriña (Rúa Amor Ruibal, nº 26).

Nun principio contán con dúas voluntarias, estudantes da USC coordinandas dende o SEPIU, que atenden a área lingüística (galego, castelán, inglés, ciencias sociais…),  a partir do xoves de 17 de marzo, grazas a xenerosidade dunha nai membro da ANPA do CEIP Ramón Cabanillas, contaremos tamén con apoio na área de ciencias, quedando así o novo horario:

– Martes de 18.30 a 20.00: linguas, inglés, sociais…

– Xoves de 16.30 a 18.30 h: matemáticas, fis-química, filosofía…

As clases son para os niveis de PRIMARIA, ESO E BACHARELATO.

 

apoio_estudo_pontepedriña02

 

Publicado en Uncategorized | Deja un comentario

Nota comisión de comedores da Anpa

Estimadas familias

En primeiro lugar queremos aproveitar a ocasión para agradecervos os correos electrónicos e cartas que estamos a recibir, tanto de queixas do comedor como de aportacións de cara ao novo prego que se vai a confeccionar para o concurso do servizo de comedores do próximo curso.

Tal e como quedaramos na reunión do pasado 3 de febrero, onte día 16, reunímonos (a comisión de comedores do noso ANPA) cos coordinadores Nacho e  Martín, para comentar os temas, queixas principalmente,  que xurdiron e as novidades que dende estos días xa estamos a ver no servizo. Eles tomaron boa nota das nosas reclamacións e as van a ter moi en conta. Entre as cousas que nos adiantaron é,  que dende este pasado luns,  son 9 os monitores que temos traballando no centro ao mediodía (un máis que ata o de agora) e que ademáis a limpeza do espacio realizarase entre as 16:30 e as 17:30 horas, polo que a única actividade dos monitores durante o servizo, vai a ser a atención e coidado dos nosos fillos. Esperamos que esto se reflexe en cousas como unha mellor coordinación nas recollidas dos rapaces e un maior control das normas de hixinene como o lavado dos dentes. Este aumento sustancial de persoal vai a posibilitar que dende o luns 22 de febreiro se poña en marcha, ao fin, o proxecto educativo, que suporá a elaboración de actividades organizadas polos monitores no tempo que transcurre entre a finalización da comida e a recollida.

Toda esta información será ampliada na reunión que acordamos ter o día 8 de marzo ás 16:45 horas entre os usuarios do comedor, os coordinadores, monitores que poidan estar presentes e un responsable de Serunión.  A convocatoria oficial a fará Nacho a través do mail de contacto dos usuarios.

Por outro lado, queremos aproveitar esta nota para comentarvos as xestións que se están a facer dende a nosa ANPA, a través da Federación ANPAS “Compostela”, de cara á confección do prego do ano próximo e da elaboración dun novo modelo de comedores do Concello que nos gustaría entrase en vigor no curso 2017-2018.

O pasado 4 de febrero, reunidos os membros das comisións de comedores da Federación de  ANPAS “Compostela”, acordamos as seguintes liñas:

– Como o Concello di que non ten queixas de mal funcionamento, decidimos facer unha campaña para que as familias lle envién todas as súas queixas, as de calquera tipo, relacionadas cos comedores, claro, ao concelleiro, ao correo mdiosd[arroba]santiagodecompostela.org, ao mesmo tempo pedirémoslle que nolas envíen tamén á dirección de correo que creamos para o efecto comedoresdoconcello[arroba]gmail.com para termos copia do que a xente reenvía e así poder evitar que nos digan que non é certo.

– Elaborar unha enquisa entre as familias para termos máis información sobre o modelo que realmente queremos. Enquisa que esperamos ter lista ao longo do próximo mes de marzo.

– Pedir unha reunión co director da escola de hostalería para ver ata que punto eles poderían asumir, e en que condicións, a elaboración dos menús. Esta reunión xa tivo lugar onte día 16  e é unha vía morta, xa que non se ven capacitados para xestionalo por infraestructura e  non poden garantizar un servizo permanente (exámenes, folgas…)

– Pedir unha reunión co concelleiro de Ames encargado dos comedores para que nos fale da municipalización e funcionamento do seu servizo. Reunión que teremos esta tarde 17 de febreiro.

– Solicitamos reunión do alcalde con toda a comisión de comedores. Reunión que xa temos confirmada para o luns 29 de febreiro.

Un saúdo a todos. Seguimos traballando en todos estos temas que tanto nos preocupan e ocupan.

Publicado en Comedor escolar | Etiquetado | Deja un comentario

Enquisa sobre colecamiños

Queremos informarvos de como vai avanzando o proxecto dos colecamiños para o noso colexio. Temos previsto en breve unha reunión co concelleiro de mobilidade Xan Duro, para facerlle chegar a nosa visión da zona onde se atopa o colexio e propoñerlle as actuacións necesarias con vistas a facer do entorno do colexio un espazo seguro. Independentemente das familias que teñan intención de usar os colecamiños, creemos que todos estamos interesados en mellorar a zona do colexio e en xeral o barrio onde se atopa. Sei que moitas das familias non viven directamente aquí pero sendo este o barrio do colexio dos nosos fillos, dalgún xeito é tamén o noso barrio. O proxecto do colecamiños pretende entre outras cousas que o colexio, os nenos e as familias en xeral se integren e involucren no barrio o máis posible. Así que unha vez máis pedimos a vosa colaboración.

A final desta páxina tedes un cuestionario cunha serie de items para cubrir sobre as condicións do barrio e do entorno en xeral do colexio. Hai aspectos relativos á beirarúas, ou tráfico, que afectan á seguridade pero moitas máis cousas: covachas, sinalizacións e incluso e porque non, cuestión meramente estéticas pero non menos importantes. Pedímosvos que cubrades a enquisa e nola devolvades. Aproveitade para dar un paseo o domingo, ou calquera día que levades o nenos ó colexio, xa sexa andando ou en coche. Se trata dunha actividade para toda a familia. Non deixedes de consultar cos vosos fillos, e incluso creemos que eles deben poder decidir en algúns dos items.

Podedes estar seguros de que calquera observación que fagades será tida en conta. Todas as perspectivas son válidas e todo o que poidades aportar resultará interesante e útil. Non dubidedes en engadir calquera anotación se hai algo que queirades sinalar e que a enquisa non recolla. Ninguén mellor que nos para darnos conta das deficiencias e das posibles melloras do entorno do colexio.

Será esa a información que lle transmitamos ó concelleiro para a partir de aí intentar pedirlle as intervencións necesarias.

Agradecemos de antemán vosa colaboración.

Cuestionario a cubrir:

NOTA: Se optades pola versión para imprimir, unha vez cuberta deixádella a Mª Carmen a través dos nenos ou directamente a poder ser durante a próxima semana, entre o 22 e o 26 de Febreiro.

Publicado en Colecamiños, Concello | Etiquetado | Deja un comentario

Convocatoria de reunión para falar do Comedor

Cremos que por todos/todas é sabido que a situación que se está dando nos comedores de Santiago é, canto menos, surrealista e ilóxica. Despois de todo o sucedido, pensábase que á volta de vacacións íamos ter xa unha nova empresa traballando nos nosos comedores, pero non. O Concello iniciou agora un procedemento negociado sen publicidade pola vía de urxencia para atender os comedores ata fin de curso que esperemos se resolva felizmente nos próximos días.

De cara ó próximo curso o Goberno Local vai a preparar un novo prego e convocar novamente o concurso para a concesionaria dos servizos de comedor e quere contar coa nosa opinión. É moi importante que debatamos que modelo de comedor queremos para os nosos fill@s para intentar que na medida do posible o servizo nos satisfaga a todos.

Por tal motivo, convocámosvos a unha reunión na que nos gustaría que nos transmitirades as vosas opinións, suxerencias e/ou queixassobre cousas a millorar que se deban ter en conta.

DÍA: Mércores, 3 de Febreiro.
HORA: 17:30h
LUGAR: C.E.I.P. Ramón Cabanillas

Toda aportación será ben recibida.

Publicado en Comedor escolar | Etiquetado | Deja un comentario

Campaña de recollida de xoguetes

Estimadas familias,

A ANPA poñerá en marcha nos próximos días unha iniciativa dirixida a recoller xoguetes para uso dos usuarios do comedor escolar do noso centro.

Como sabedes, o actual espazo de xogo habilitado nunha zona separada do comedor do colexio foi no seu día promovido e dotado pola ANPA, co obxecto de facilitar aos monitores desta actividade unha mellor planificación do tempo de lecer dos rapaces despois da comida e antes de que os pais o recollan ou os monitores os acompañen ás actividades extra-escolares. Daquela adquiríronse os actuais mobles que permiten almacenar dun xeito ordenado o material, e lanzouse unha primeira campaña de recollida dirixida ás nais e pais do colexio, solicitando a doazón de xoguetes en bo estado.

Pasados os anos, estes xoguetes cumpriron xa a súa función, e compre retirar moitos deles e proceder a renovalos por outros que estean nun estado axeitado. É por iso que vos pedimos unha vez mais a vosa colaboración nesta tarefa, de xeito que revisedes e busquedes nas vosas casas xoguetes que estean en bo estado, e que pola idade dos vosos fillos consideredes que xa non os ides usar. Desta forma darémoslle un mellor uso a xoguetes que doutra maneira quedarían esquecidos nos nosos armarios, facilitaremos un material de moito valor aos monitores do servizo de comedor para cubrir o tempo de lecer propio da sobremesa, e ademais daremos un bo exemplo aos nosos fillos promovendo co exemplo valores coma o compartir cos seus compañeiros.

A operativa desta campaña será a seguinte:
• Persoal voluntario da ANPA permanecerá no centro o xoves 26 de novembro de 16.30 a 18.30 na entrada do comedor, e o venres 27 de novembro de 9.10 a 11.00 na entrada do comedor, para recoller os xoguetes que as nais e pais traian ao colexio.
• O persoal voluntario revisará o estado dos xoguetes doados, procederá a retirar os xoguetes vellos en mal estado, e disporá o novo material na zona habilitada a tal efecto no comedor.
• Ademais aproveitarase para avaliar a posible renovación ou reparación de parte do mobiliario da zona.

Agradecemos por anticipado a vosa colaboración, imprescindible para o o éxito desta campaña.

Por outra banda, lembramos que calquera nai ou pai que queira participar activamente coma colaborador nesta campaña pode dirixirse a calquera dos membros da directiva para coordinarmos. Ou enviar un correo á nosa conta, anpa@ceipramoncabanillas.es indicando que queredes axudar.

Un saúdo.

Publicado en Comedor escolar | Etiquetado , | Deja un comentario