Boa tarde, Por terceiro ano, dende a Federación de Anpas organizan un concurso fotográfico pola igualdade. Dende a Anpa As Brañas vos animamos a participar.Adxunto máis info. Un saúdo, ANPA As Brañas do CEIP Ramón Cabanillas
As fotografías enviaránse en formato TIF, PNG ou JPEG de máxima calidade cun tamaño de 10MB ao correo electrónico: anpascompostela@gmail.com indicando os seguintes datos:
- Asunto: CONCURSO FOTOGRÁFICO POLA IGUALDADE – FANPA COMPOSTELA 2021
- Nome e apelidos (tanto do pai/nai/titor/titora legal e do neno ou nena en caso de Infantil e Primaria)
- Nivel que está a cursar a crianza no curso 2020-2021, e centro escolar ao que pertence.
- Título e breve texto explicativo da imaxe.
- Enderezo electrónico e teléfono de contacto (do pai/nai/titor/titora legal no caso de Infantil e Primaria).
- Enviará a foto que concurse como documento adxunto.
O prazo para presentar as fotografías será ate o 30 de abril do 2021 ás 24:00h