Hola, achegamos esta información por si é de interés…

Saúdos

Escribímoslles este correo para falarlles dunha actividade que pode ser interesante para a rapazada e as súas familias. Trátase dun campamento organizado por dúas cooperativas galegas no Centro de Educación Ambiental e Albergue Equal durante o mes de agosto. A idea que subxace a esta experiencia intercooperativa é a de educar en valores á mocidade a través do contacto coa natureza no marco da educación non formal.

Os datos da actividade son os seguintes:

CAMPAMENTO DE VERÁN: AVENTURA NA NATUREZA

Datas e lugar

Do domingo 9 ao sábado 15 de agosto, no Centro Equal, albergue xuvenil e centro de interpretación medioambiental. O albergue está no concello de Coles, provincia de Ourense.

Horario

A actividade comezará o domingo ás 17:00 da tarde e rematará o sábado tamén ás 17:00.

Manutención e pernocta

Está incluído no prezo o almorzo, o xantar, a merenda e a cea. A primeira comida incluída é a cea do domingo, día 9, e, a última, o xantar do sábado 15. A pernocta para os rapaces pequenos terá lugar en albergue e, para os maiores, en tenda de campaña.

Prezo

350 € por participante. 

Inscricións e prazas

O límite de inscrición é o domingo, 26 de xullo. 

Participantes

Rapaces e rapazas de entre 9 e 14 anos. Durante o campamento, dividiremos á rapazada en dous grupos por idade para moitas das actividades, aínda que algunhas serán conxuntas.

Seguridade e hixiene

Seguiremos as normativas e recomendacións de seguridade e hixiene marcadas polas autoridades competentes.

Actividades

  • Actividades de aventura, como kaiak en río, construción de vivacs, piscina e orientación con compás.
  • Ximcanas, xogos de auga, deportes alternativos, grandes xogos ambientados e veladas únicas!
  • Rutas e andainas, en constante contacto coa natureza.
  • Obradoiros de autoestima, autocoñecemento, igualdade e confianza, que aporten valores e fomenten un clima xeral de convivencia.

Máis información e inscricións

Na web https://aventeira.com/aventura-de-veran/. Nos teléfonos 722 349 493 e 722 349 497 ou no correo electrónico: aventeira@aventeira.com.

Agradecemos moito a difusión da actividade.

Unha aperta grande,

Campamento Aventura na natureza.png
Esta entrada fue publicada en Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s