XI Certamen de Deseño Escolar

Achegamos información por si de interese.

Un saúdo


Federación Galega De Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros, en colaboración co Colexio Profesional de Xoiaría, Ourivaría, Prataría, Reloxaría e Xemoloxía de Galicia (Coxga) convoca o XI Certame de Deseño Escolar “Deseña unha Xoia para a túa Nai”, dirixido a escolares de educación infantil e primaria de Galicia, con idades comprendidas entre os 0 e 12 anos (inclusive), con ocasión da celebración do Día da Nai.

Esta iniciativa, que acadou un gran éxito nas pasadas edicións, ten como obxectivo impulsar a expresión artística dende unha idade temperán e despertar nos nenos e nas nenas a curiosidade polo mundo do deseño, ademais de achegar ao conxunto da sociedade unha profesión de gran arraigo e tradición en Galicia.

Ademais, este divertido proceso de creación, que culmina coa execución dos deseños gañadores polos nosos profesionais, permítelle aos pequenos deseñadores ver unha aplicación práctica á súa creatividade, servindo de apoio á súa formación.

Pode consultar as bases completas do concurso premendo aquí.

Tamén pode consultar os deseños finalistas e gañadores da pasada edición, un álbum do acto de entrega de premios de 2019 e un vídeo de todo o proceso do concurso:

– Para ver os deseños finalistas da edición pasada, prema aquí.

– Para ver os deseños gañadores da edición pasada, prema aquí.

– Para ver o álbum do acto de entrega de premios 2019, prema aquí.

– Para ver un vídeo de todo o proceso do concurso (convocatoria, reunión xurado, fabricación xoias e acto de entrega de premios), prema aquí.
Os dípticos de participación pódense:

prazo de presentación dos deseños remata o venres 27 de marzo e pódense entregar en:

  • calquera dos establecementos colaboradores. Consultar listado en www.coxga.es 
  • oficina do Colexio, persoalmente, por correo postal ou mensaxería:

COXGA (Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia)

rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B

15701 Santiago de Compostela

Sen máis, desexamos que esta actividade resulte do seu interese para vostede e o seu grupo de traballo.

Quedamos a súa enteira disposición.

Reciba un cordial saúdo,–
Lupe Santiso
administración
Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia
rúa Ramón Cabanillas, 5-7, 2º B
15701 Santiago de Compostela (A Coruña)
www.coxga.es
981 598 858 – de luns a venres, 9h-14h e 16h30-19h30
Busca sempre a garantía dun profesional colexiado

Esta entrada fue publicada en Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s