ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2017-18

dozenzia-centros-de-estudios-y-formación-actividades-extraescolares-ocio-eventos-celebraciones-oposiciones-slider-1

Estimadas familias:

Dende a ANPA as Brañas, poñemos en marcha un ano mais as actividades extraescolares que comezarán o LUNS 2 DE OUTUBRO  e continuarán de forma regular ata o 21 de XUÑO. Como en anos anteriores as actividades extraescolares serán xestionadas por diferentes empresasACTIVIDADES LÚDICAS GALICIA, DEDUC, NENOOS e ROCKBOTIC.

Este ano queremos actualizar a nosa base de datos, polo que se queredes ser socios da Anpa deberedes cubrir a folla de inscrición de Actex e marcar  ALTA DE SOCIOS 2017 (cota socio 15 €/ano/familia).

Se ides participar en actividades extraescolares, a matrícula será gratuíta (MATRICULA SOCIO). Pola contra se non vos asociades, a matrícula terá un custe de  15€ por alumno/empresa (MATRICULA) . Tanto a cota de socios como a matrícula cobrarase na conta bancaria que nos indiquedes. Hai que cubrir unha ficha por alumno. Indicar se ten mais irmáns no centro.

A folla de inscrición débese entregar na escola antes do 21 de setembro, ou envialas a  anpa.ceipramoncabanillas@gmail.com.

Cada empresa se encargará de organizar e valorar as inscricións das súas actividade polo que no caso de non alcanzarse o mínimo para formar algún dos grupos poñeranse en contacto coas familias inscritas para informar das decisións ó respecto (peche da actividade, axuste da cota mensual…). Dende a ANPA establecemos que todas as actividades deben ter un mínimo de 8 alumnos/as para poder levarse a cabo. No caso de que as solicitudes superen o máximo de alumnos/as por actividade, terase en conta a orde de inscrición.

Todos os/as participantes nas actividades extraescolares e na aula de tarde terán un seguro de accidentes que vai incluído no prezo da mesma.

O/as neno/as poden asistir ás actividades extraescolares organizadas noutros centros integrados na Federación de ANPAs de Compostela (Monte dos Postes, Fontiñas, Vite…). Nestes centros teñen autorización da Dirección ou Consello Escolar para que acudan nenos doutros colexios ás actividades  extraescolares organizadas polas súas ANPAS.

forma de pago: A facturación realizarase do 1 ao 5 de cada mes NA CONTA INDICADA POR CADA FAMILIA,POR cada empresa,xuño cobrarase o importe proporcional ata o día 21.Para cursar a BAIXA nunha actividade/servizo é necesario comunicalo A empresa por teléfono ou mail  antes do día 20 do mes ANTERIOR. (As devolucións de recibos supoñen un recargo de 3 €).

*** FE DE ERRATAS:  Na folla de inscrición para as empresas entregada na escola hai un erro no horario de Nenoos: O horario do grupo de renovación de 6º de infantil e 1º de primaria será os luns de 16:30 a 17:30 horas e o novo grupo de formación do mesmo nivel será os mércores, tal e como aparece na folla de información. 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ACTEX                                                                                Contacto:  691475060 ou  santiago@actex.es   

*AULA DE TARDE – de lusn a venres de 16:30 a 18:30                              

*INGLÉS COLOQUIAL –Educ. Infantil – martes e xoves de 17:30 a 18:30  – Prezo 17,50 €/mes 

*INGLES COLOQUIAL – Educ. Primaria – martes e xoves de 16.30 a 17:30 – Prezo 17,50 €/mes 

*BAILE MODERNO (Ed Infantil e 1º EP) – xoves de 16:30 a 17:30 h – Prezo 10 €/mes

*URBAN DANCE (a partir de 2º EP) – venres de 16.30 a 17.30 h – Prezo 10 € /mes  Practicaranse diferentes danzas urbanas (hip hop, break dance…)

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DEDUC                                                                                    Contacto: 620159311

*PATINAXE Luns e mércores de 16:00 a 17:00 -Pavillón Restollal

*FÚTBOL SALA Luns e mércores de 16:00 a 17:00-Pavillón Pontepedriña

*BALONCESTO Luns e mércores de 17:00 a 18:00-Pavillón Pontepedriña

*KARATE Iniciación Luns e mércores de 16:30 a 17:30

* KARATE Avanzado Luns e mércores de 17:30 a 18:30

* Predeporte  ( 3 a 6 anos) Martes e xoves de 16:30 a 17:30

* Iniciación deportiva (7 a 12 anos) Martes e xoves de 16:30 a 17:30

* Atletismo (dende 1º Primaria) Martes de de 17:30 a 18:30 e venres de 16:30 a 17:30

Actividades deportivas 1 hora/semana  prezo 13,50€/mes dúas horas Prezo 20,50 €/mes . Indicar días na folla de inscrición.

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES NENOOS-Potenciando o talento:  29 €/mes + 15 € material novos inscritos.

Contacto: 698 126 840

  • Luns de 16:30-17:30, renovación nenos 6º infantil e 1º Primaria (5-6 anos).
  • Luns de 16:30-17:30, novo grupo nenos 4º e 5º infantil (3-4 anos).
  • Mércores de 16:30-17:30, renovación nenos 2º e 3º de Primaria
  • Mércores de 17:30-18:30, novo grupo 6ºinfantil e 1º Primaria.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ROCKTRONIC :   22 € /mes                                             Contacto: 698 126 840

  • Robótica 2º-3º e 4º Primaria: mércores de 16:30 a 17:30
  • Robótica 4º-5º e 6º Primaria: venres de de 16:30 a 17:30

FOLLA DE INSCRICIÓN Cabeceira E aula de tarde

MATR EMPRESAS

SOLICITUDE ALTA DE SOCIOS 2017

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s