Reunión informativa COLECAMIÑOS

 

colecamiños

Unha vez confirmado o interese no proxecto ColeCamiños por parte dalgunhas das familias do noso colexio, o Concello a través da Policía Local convoca a todas as nais e pais de alumnos do CEIP Ramón Cabanillas a unha reunión o próximo xoves 14 de setembro, ás 16:30 horas, no propio centro. Nesta reunión a Policía Local exporá os próximos pasos que planean dar, comentando entre outros a inminencia das accións de sinalización das rutas, co obxectivo de poder iniciar de xeito inminente o seu uso. Lémbrase que hai 3 rutas propostas:
• Camiño Pontepedriña, dende o Centro Sociocultural ata o propio centro, pasando pola
praza de León.
• Camiño do barrio, dende o parque infantil que se encontra entre as rúas José Antonio
Souto Paz e Alejandro Pérez Lugín ata o propio centro, baixando por Pérez Lugín.
• Camiño Brañas de Sar, dende a ponte do sar polo sendeiro peonil.
Ao final do curso pasado algunhas familias confirmaron xa o seu interese no proxecto, pero sería moi conveniente que o número de nenos aumentase en todas as rutas. Hai que pensar que unha das claves para o éxito deste tipo de iniciativas é a participación dun número suficiente de alumnos en cada ruta. Por ese motivo animamos a aquelas familias que non se teñan apuntado aínda, a que se acheguen o xoves á reunión, para coñecer de primeira man os detalles do proxecto, o que de seguro os animará a apuntarse e participar nalgunha das rutas previstas.
Un saúdo.

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s