Excursión fin de curso ANPA 4 xuño 2017: Parque zoolóxico de Marcelle

Estimadas familias,

Como todos os anos, dende a ANPA organizamos unha excursión de fin de curso para desfrutar dun día en comunidade. Este ano decidimos visitar o parque zoolóxico de Marcelle.

A excursión será o domingo 4 de xuño, e sairemos en autobús dende diante do colexio as 9:00 horas para viaxar ata Outeiro de Rei, onde temos xa reservada unha visita guiada con monitores do propio centro para os nosos rapaces.

Durante a visita os nenos estarán acompañados polos monitores do centro, que ademais de guialos polo parque, mostrarlles e falarlles de todos os animais que alí viven, e farán grupos para desenvolver diferentes actividades e talleres cos nenos.

Proponse que cada familia leve a súa comida, existindo unha zona de mendereiros onde poderemos comer todos xuntos.

O custe é de 16€ por adulto, e 14€ por neno, agás os nenos menores de 3 anos que entran de balde. Aquelas familias que non sexan socios da ANPA teñen un sobrecuste de 5€ por persoa para sufragar o pago do autobús.

Se non vas usar o bus avísanos igualmente para contar con vós no grupo de visita pero reservar só os buses necesarios. A data estimada de regreso a Santiago é as 21:00 h

Inscrición: pódese facer a inscrición das seguintes maneiras:

1. Cubrindo o seguinte formulario online:

https://docs.google.com/forms/d/1c7jQeM1FIYDT_zuSbxfTVHUfkB31XnLPIHvxZhh23tI/prefill

2. Por correo electrónico a anpa@ceipramoncabanillas.es  enviando:
o Nome da nai/pai
o Nome dos alumnos
o Número de adultos que irán á excursión / Número de nenos que irán á excursión
o Cómo me achegarei a Marcelle: AUTOBUS ou VEHÍCULO PROPIO.

A data limite para inscribirse é o venres 19 de maio.

Pago: facer unha transferencia ou un ingreso na nosa conta de Abanca:

ES72 2080 0349 8330 4000 1781

poñendo na descrición “MARCELLE familia…” e os apelidos familiares. Por exemplo “MARCELLE familia Rodríguez Rodríguez”.

marcelle

Saudos a tod@s

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s