Dende a Comisión de comedores queremos informarvos que se vai pasar unha enquisa para coñecer a vosa opinión de como debería ser o novo modelo de comedores. Vaise repartir nas clases e deberán entregala cuberta a cada titora/titor. A enquisa é anónima e só se debería cubrir unha por familia.
Ainda que non sexades usuarias/os gustaríanos coñecer tamén a vosa opinión xa que igual mañá, dentro dunha semana, un mes ou para o curso que ven podedes necesitar o servizo. Polo tanto, sería moi importante a opinión de todas e todos.
Agradecemos a vosa colaboración.
