Como todos os anos dende a ANPA organizamos unha excursión de fin de curso para disfrutar dun día en comunidade. Este ano decidimos visitar unha das illas do Parque Natural das Illas Atlánticas, a illa de Ons.
A excursión será o sabado 18 de xuño, sairemos en autobus dende diante do colexio as 10:00 para viaxar ata Bueu, onde as 12:00 colleremos un barco que nos levará ata Ons.
Na illa faremos unha ruta para coñecer a súa xeografía e natureza, despois comeremos todos xuntos e disfrutaremos da praia ata as 20:00, cando colleremos o barco de volta para estar en Santiago sobre as 22:00.
O coste é de 8.50€ por persoa. Aquelas familias que non sexan socios da ANPA teñen un sobrecoste de 5€ por persoa para o pago do autobús.
Como todos os anos cada familia leva a súa comida. Os nenos de menos de 3 anos non pagan nada. Se non vas usar o bus avísanos para reservar só os buses necesarios. En caso de que o tempo non permita realizar a excursión ese día, retrasarase a viaxe a un fin de semana posterior por eso é importante que cubras ben os datos de contacto.
Inscrición:
Pódese facer a inscrición das seguintes maneiras:
- Cubrindo o seguinte formulario online: formulario de inscrición online
- Por correo electrónico a anpa@ceipramoncabanillas.es, enviando os mesmos datos do formulario de inscrición e poñendo no axunto “Excursión a Ons”
A data limite para inscribirse é o venres 10 de xuño.
Pago:
Facer unha transferencia ou un ingreso na nosa conta de Abanca
ES72 2080 0349 8330 4000 1781
poñendo na descrición “Ons familia” e os apelidos familiares. Por exemplo “Ons familia Rodríguez Rodríguez”.
Polo tamaño do barco só hai 140 prazas, en caso de esgotarse as prazas, a inscricción farase pola data do ingreso bancario e contactarase coa xente que quede fora para devolver os cartos.