Dende a ANPA organizamos un encontro educativo dirixido aos pais e nais para mellorar as nosas destrezas educativas cos fillos e fillas. Falaremos sobre todo de facilitar a adquisición de estratexias efectivas para a apredizaxe das habilidades sociais no contexto familiar; promover metodoloxías que faciliten a aprendizaxe das destrezas; outorgar a nais e país un rol relevante; adecuar os contidos ás necesidades das nais e país participantes no proceso formativo e promover espazos de aprendizaxe adaptados ás necesidades das nais e país que teñen un componente claramente participativo.
O encontró desenvólvese en 2 sesións formativas cunha metodoloxía baseada fundamentalmente na participación activa das persoas asistentes para tratar de integrar dunha forma moito máis efectiva os contidos tratados.
Na 1ª sesión tratarase a apredizaxe das habilidades sociais na relación entre país e nais cos seus fillos e fillas. Na 2ª sesión veranse estratéxias prácticas para o traballo en habilidades sociais.
Día: 3 de Maio (1ª sesión) 10 de Maio (2ª sesión)
Lugar: Biblioteca do CEIP Ramón Cabanillas
Hora: 17:30 h – 19:30 h
Esta activiade está impartida por Ramón Molina Gómez, Educador social e padagogo de Arelar Xestión Socioeducativa. Xa impartiu máis actividades similares no noso colexió en outras ocasión cun gran exito.
Nota: recordade que podedes deixar a os vosos fillos na Aula de Tarde durante a actividade completamente de badel a cargo da ANPA. Só vos pedimos que nolo digades antes para planificar o servicio.