A Federación Gallega de Squash, invítanos a unha xornada para dar a coñecer este deporte.
Durante a mesma impartiranse unhas nocións básicas e se xogarán uns partidos entre os participantes.
Actividade: Squash en familia
Data: 30/04/16
Hora: 17:00-20:00 h.
Lugar: Club de Squash Milladoiro
Destinatarios: Nenos dende os 5 anos (recomendable acompañados por adulto)
Data límite de inscrición: mércores 27/04
A xornada finalizará cunha exhibición a cargo de Borja Golán, nº 5 do mundo e actual campión de España.
Todos os interesados en asistir deben facer a inscrición ata o día 27 de abril, polos seguintes medios:
- Cubrindo o seguinte formulario: Formulario de inscrición
- Correo da ANPA indicando o nome do neno a idade e un teléfono de contacto.
- Cubrindo e entregando a seguinte folla no colexio: folla de inscrición