A Asociación Veciñal de Pontepedriña está a promover clases de apoio ao estudo de balde para estudantes de Primaria, ESO e BACHARELATO no Centro Socio Cultural de Pontepedriña (Rúa Amor Ruibal, nº 26).
Nun principio contán con dúas voluntarias, estudantes da USC coordinandas dende o SEPIU, que atenden a área lingüística (galego, castelán, inglés, ciencias sociais…), a partir do xoves de 17 de marzo, grazas a xenerosidade dunha nai membro da ANPA do CEIP Ramón Cabanillas, contaremos tamén con apoio na área de ciencias, quedando así o novo horario:
– Martes de 18.30 a 20.00: linguas, inglés, sociais…
– Xoves de 16.30 a 18.30 h: matemáticas, fis-química, filosofía…
As clases son para os niveis de PRIMARIA, ESO E BACHARELATO.