Campaña de recollida de xoguetes

Estimadas familias,

A ANPA poñerá en marcha nos próximos días unha iniciativa dirixida a recoller xoguetes para uso dos usuarios do comedor escolar do noso centro.

Como sabedes, o actual espazo de xogo habilitado nunha zona separada do comedor do colexio foi no seu día promovido e dotado pola ANPA, co obxecto de facilitar aos monitores desta actividade unha mellor planificación do tempo de lecer dos rapaces despois da comida e antes de que os pais o recollan ou os monitores os acompañen ás actividades extra-escolares. Daquela adquiríronse os actuais mobles que permiten almacenar dun xeito ordenado o material, e lanzouse unha primeira campaña de recollida dirixida ás nais e pais do colexio, solicitando a doazón de xoguetes en bo estado.

Pasados os anos, estes xoguetes cumpriron xa a súa función, e compre retirar moitos deles e proceder a renovalos por outros que estean nun estado axeitado. É por iso que vos pedimos unha vez mais a vosa colaboración nesta tarefa, de xeito que revisedes e busquedes nas vosas casas xoguetes que estean en bo estado, e que pola idade dos vosos fillos consideredes que xa non os ides usar. Desta forma darémoslle un mellor uso a xoguetes que doutra maneira quedarían esquecidos nos nosos armarios, facilitaremos un material de moito valor aos monitores do servizo de comedor para cubrir o tempo de lecer propio da sobremesa, e ademais daremos un bo exemplo aos nosos fillos promovendo co exemplo valores coma o compartir cos seus compañeiros.

A operativa desta campaña será a seguinte:
• Persoal voluntario da ANPA permanecerá no centro o xoves 26 de novembro de 16.30 a 18.30 na entrada do comedor, e o venres 27 de novembro de 9.10 a 11.00 na entrada do comedor, para recoller os xoguetes que as nais e pais traian ao colexio.
• O persoal voluntario revisará o estado dos xoguetes doados, procederá a retirar os xoguetes vellos en mal estado, e disporá o novo material na zona habilitada a tal efecto no comedor.
• Ademais aproveitarase para avaliar a posible renovación ou reparación de parte do mobiliario da zona.

Agradecemos por anticipado a vosa colaboración, imprescindible para o o éxito desta campaña.

Por outra banda, lembramos que calquera nai ou pai que queira participar activamente coma colaborador nesta campaña pode dirixirse a calquera dos membros da directiva para coordinarmos. Ou enviar un correo á nosa conta, anpa@ceipramoncabanillas.es indicando que queredes axudar.

Un saúdo.

Esta entrada fue publicada en Comedor escolar y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s