Benvida e magosto 2015/2016

Estimadas familias:

• Ante todo queremos agradecer a asistencia e participación na última reunión que celebrou a Anpa. Entre outros temas, tratamos da necesidade de acondicionar o espazo do comedor así como de renovar o material e os xoguetes. En breve enviaremos unha nota informativa solicitando a vosa colaboración para que nos enviedes material de xogo e de entretemento en xeral.

• A dirección do colexio ven de informarnos de que o próximo día 13 de Novembro celebrarase un magosto, para o que se solicita a colaboración das familias. A Anpa vaiparticipar aportando dous sacos de castañas, pero necesitariamos da colaboración de algúns voluntarios para preparar as castañas e os cornetes o xoves día 12 pola tarde a partir das 16:30 horas. Tamén necesitamos xente para o propio día do magosto, o día 13 pola mañá. Os que poidades axudar sería conveniente que nos avisarades antes para organizarnos. Coma sempre moitas grazas por anticipado.

• O equipo directivo do colexio solicitounos que vos fixeramos chegar o seu desexo de que a web do colexio fora utilizada o máis posible por todos os membros da comunidade escolar, especialmente as familias, como ferramenta de comunicación e de información. Eles renovan o seu compromiso de mantela permanentemente actualizada. Recordámosvos a dirección: http://www.edu..es/centros/ceipramoncabanillas/ ou tamén www.ceipramoncabanillas.es

• Rematamos recordando as dúas vías habituais de comunicación coa Anpa: o correo electrónico anpa@ceipramoncabanillas.es e a caixa de correo colocada na entrada o colexio xunto ó taboleiro de anuncios. Calquera consulta ou suxestión será benvida. Un saúdo.

Esta entrada fue publicada en Asamblea, Comedor escolar. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s