Banco de libros para o curso 2015-2016

A ANPA poñerá en marcha un ano máis o “Banco de libros da ANPA”. Como xa sabedes, esta iniciativa consiste en entregar os libros utilizados este curso polos vosos fillos e fillas para, a cambio, recibir os libros do próximo curso. Por exemplo, eu entrego os libros da miña filla de 4º e, a cambio, recibo os de 5º doutra nena que tamén os entregase.

Este ano é importante insistir en que este Banco de Libros da ANPA é totalmente independente das iniciativas promovidas pola Consellería de Educación, tanto no que respecta ás axudas a través de cheque, coma a través do fondo solidario con baremo económico. Polo tanto, as familias que opten por algunha destas iniciativas da Consellería non poderán participar neste Banco de Libros da ANPA, xa que nese caso terán a obriga de entregar os libros directamente ao colexio a través deses programas.

Como podedes imaxinar, organizar isto non é un proceso sinxelo e require da boa vontade e colaboración de todas as persoas interesadas.

Ás persoas que entreguen os libros, deberán entregar tamén a ficha que achegamos, cuberta cos datos persoais e unha X nos libros que entregan. 

Fichas do banco de libros

Cabe destacar que coma todos os anos, existen algúns libros e cursos en que non será posible recibir libros a cambio, ben por ser cursos onde se escribe sobre os libros, ben porque neste ano se cambien todos os libros de texto do curso, cousa que para este curso pasa cos alumnos que pasan a 4º.

Por outra banda, lembramos que non se pode asegurar que sempre se reciban todos os libros necesarios para o curso, pois o reparto, sendo equitativo, depende entre outras cousas do número de nenos que entreguen libros do curso anterior. Non obstante, as experiencias de anos anteriores foron moi positivas, e en xeral foron moitas as familias beneficiadas. En todo caso no reparto de libros a ANPA aplicará criterios de equidade, repartindo do xeito mais proporcionado posible os libros dispoñibles entre as familias solicitantes.

As persoas encargadas de recollelos comprobarán que os libros se atopan en bo estado, enteiros e limpos, borrados a goma ou con typex de ser necesario. Cando remate o prazo de entrega os libros recibidos de cada curso repartiranse entre as persoas que entregaran os do curso anterior.

Finalmente, e para os que entreguen os libros de 6º e vaian estudar en Pontepedriña ou en Sar, organizarase a entrega de libros de 1º da ESO, en coordinación coas ANPAs de Pontepedriña e de Sar, da mesma maneira. Polo tanto  os de 6ª que entreguen terán dereito a recoller os libros de 1º da ESO xa no propio IES de Sar ou no IES de Pontepedriña

Datas de entrega e recollida:

Os nenos e nenas poderán deixar os libros no colexio aos membros da ANPA ou a Mari Carmen o venres 19 de 9:10 a 11:00 horas e de 13:30 a 14:00 horas, na entrada do colexio, ou o luns 22 de xuño de 16:30 a 19:00 horas na casa do conserxe (xunto ás pistas, acceso pola parte de atrás do colexio).

Revisados os libros e realizado o reparto, a data para recoller os libros do curso seguinte será o martes 30 de xuño, de 10:00 a 12:00 e de 16:30 a 19:00. No caso dos alumnos de 6º, a data de recollida de libros de 1º da ESO no IES Pontepedriña (30 de xuño de 17h a 20h) ou no IES do Sar (25 e 26 de xuño de 18h a 20h).

Esta entrada fue publicada en Uncategorized y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s