Fescursión de fin de curso 2015

Este ano a ANPA volve organizar a excursión como unha actividade na que que os nenos comparten diversión cos seus compañeiros en familia, para construír e reforzar relaxadamente os lazos da comunidade escolar deste colexio.

“Coñécete a ti mesmo para coñecer aos demais”

Seguindo este consello dalgún sabio grego ou chino,  e por outras razóns que non veñen a conto, este ano pensamos en ir ao Parque da Granxa do Xesto, un parque as faldas do Monte Pedroso, aquí mesmo na nosa cidade. O día elixido é o sábado 20 de xuño.

A saída en bus farase sobre as 10:45 da mañá, diante do colexio, chegando ao destino sobre as 11:15.

Existe a opción, para aqueles que se animen, de subir un grupo xuntos en bicicleta ou andando. Se preferides esta opción marcadeo na ficha e xa nos poñemos en contacto con vos para organizar onde quedamos e o horario de saída.

Pola mañá  faremos unha ruta guiada por persoal do concello polo monte Pedroso, de unha hora e media de duración.

Polo mediodía, comeremos de campo e pasaremos a tarde xuntos amenizada con actividades e xogos populares pola asociación Xandobela.

E, para rematar, volveremos no autobús, saíndo sobre as 20:00.

As persoas interesadas en asistir deben cubrir antes do 12 de xuño o formulario que hai no seguinte enlace: formulario de inscrición.

Custo da actividade: A actividade é gratuíta para os socios da ANPA e a sua familia, para os non socios o coste será de 1.5Euros/persoa (1)

Importante: Os nenos que asistan han de ir obrigatoriamente acompañados dun adulto. Cada un debe levar a súa comida (ou compartila).

(1) O importe da excursión, no caso de non ser socio, pode ingresarse na conta bancaria ES72 2080 0349 8330 4000 1781 (Abanca), sinalando no concepto “Excursión Fin de curso 2015” e o nome dun neno/a que acuda á excursión.

Esta entrada fue publicada en Uncategorized y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s