Este ano a ANPA volve organizar a excursión como unha actividade na que que os nenos comparten diversión cos seus compañeiros en familia, para construír e reforzar relaxadamente os lazos da comunidade escolar deste colexio.
Pensamos ir á ría de Muros o día 14 de xuño do 2014. En concreto, propoñémosvos coñecer os muíños de marea que hai en Muros e algunha das praias da zona; como sempre combinando aprendizaxe e diversión, dúas palabras que van moi ben xuntas.
A saída farase sobre as 9:30 da mañá, diante do colexio, chegando ao destino sobre as 10:30.
Pola mañá vistaremos un dos muíños de marea de Muros, o do pozo do Cachón, onde poderemos coñecer o funcionamento destes muiños nun emprazamento tan singular. Máis información en: http://www.muros.es/ga/molino.htm.
Polo mediodía, o autobús recolleranos sobre as 13:00 para ir xantar nunha das praias da ría de Muros, onde comeremos de campo e pasaremos a tarde xuntos. Cada un debe levar a súa comida (ou compartila).
E, para rematar, volveremos no autobús, saíndo da praia ás 19:00.
As persoas interesadas en asistir deben remitir esta ficha cuberta antes do 28 de maio, xunto cunha copia do xustificante de pagamento. O importe da excursión debe ingresarse na conta bancaria 20910349433040001781 (NovaGalicia Banco), sinalando no concepto “Excursión Muros” e o nome dun neno/a matriculado no cole e remitir a ficha cuberta e o xustificante por correo electrónico ou deixalos no buzón da ANPA.
Custo da actividade: 3€/persoa para socios/as da ANPA, 6 €para non socios/as. Os menores de 3 anos irán gratis.
Importante: Os nenos que asistan han de ir obrigatoriamente acompañados dun adulto.