Dirixido a nenas/os, a partir de 4 anos acompañados da nai/pai, avó/a, irmá/n maior… Os de máis de 9 anos poden vir sós, se o prefiren. Neste obradoiro poderemos cocer as pezas de barro modeladas pola/os nena/os. Para isto contaremos cun pequeno forno de serrín.
Horarios: de 16:30 a 18:30 h
- Luns 12 de maio: o primeiro día moldearemos en barro as figuras que logo se van cocer.
- Luns 19 de maio: o segundo día encheremos o forno coas pezas secas e o serrín, e prenderemos o lume para facer a cocedura.
- Xoves 22 de maio: o último día sacaremos as pezas cocidas do forno. Este momento sempre é de sorpresa e expectación. A/os nena/os levarán para casa os seus traballos.
Os participantes levarán un pano vello ou similar, unha culler sopeira e un cepillo de dentes vello. Recoméndase que leven roupa que podan manchar ou un mandilón.
O custe do obradoiro completo para socios da ANPA é de 4 €/neno (3€/neno se son varios irmáns) e de 6 € para non socios (5€/neno se son varios irmáns). Data límite de inscripción: martes 6 de maio. Luns 5 de 9 a 9:30 h. e martes 6 de 13:40 a 14 h., haberá unha persoa, no local da ANPA do centro escolar, para recoller as inscricións. Teléfono de contacto: 605 084 253