Agora que o Congreso aprobou a LOMCE e que se anunciou quee entrará en vigor o próximo curso, pensamos que é moi importante que nos informemos de como eses cambios van afectar aos nosos fillos e fillas.
Por iso, a ANPA e o colexio convocámosvos a unha charla informativa co título: “O camiño da LOMCE”, Principais cambios en Primaria, ESO e FP”.
A charla celebrarase o luns 28 de abril ás 18:00 na biblioteca do colexio.
Impartirán a charla Joaquín Nogueira (titor da clase de 5º A do CEIP Ramón Cabanillas) e Sofía Rama Lourenzo, profesora do IES Félix Muriel de Rianxo.
Ademais, e considerando que os cambios afectan a toda a comunidade educativa, invitamos a asistir tamén ao profesorado do colexio para que poida participar activamente na sesión informativa achegando a súa visión, as súas preguntas e observacións.
Máis información sobre outras charlas nos coles de Compostela: Federación de ANPAS Compostela