Convocatoria da Asemblea Extraordinaria da ANPA do CEIP Ramón Cabanillas

A Confederación de Anpas Galegas vén de acordar o inicio dunha campaña para relanzar a permanente reivindicación da gratuidade de todo o material escolar, e moi en concreto dos libros de texto, no ensino obrigatorio así como a aposta polo sistema de préstamo como fórmula para artellar o uso de libros de texto na nosa Comunidade.

A idea é que as ANPAS agrupadas na Federación de ANPAS Compostela adopten unha decisión sobre unha proposta de acordo que se presentará ante a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Por iso, convocámosvos a unha Asemblea Xeral para acordar a posición da ANPA ante esta proposta de acordo. Sobre este tema podedes ler máis información na páxina da Federación de ANPAS Compostela

Esta é a convocatoria:

Día: luns, 17 de marzo de 2014 ás 16:30 en primeira convocatoria e 17:00 en segunda convocatoria

Lugar: comedor do CEIP Ramón Cabanillas

ORDE DO DIA:

  1. Lectura e aprobación da acta anterior (26 de setembro)
  2. Acordo de solicitude á Administración Educativa da Comunidade Autónoma para a implantación dun sistema de préstamo universal e gratuíto para os libros de texto no ensino público obrigatorio.
  3. Acordo dun nome para a ANPA
  4. Información das xestións realizadas e próximas actividades
  5. Suxestións e preguntas

E alí vos agardamos!!

Esta entrada fue publicada en Asamblea, Libros de texto, Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s