Dende a ANPA organizamos unha serie de encontros educativos dirixidos aos pais e nais para mellorar as nosas destrezas educativas cos fillos e fillas. Falaremos sobre todo das etapas evolutivas no desenvolvemento dos nosos fillos e fillas; dos estilos educativos na familia; dos elementos facilitadores e obstaculizadores da comunicación cos nosos fillos e fillas; da importancia do vínculo afectivo entre pais, nais e fillos/as e de estratexias eficaces para a resolución de problemas
Os encontros desenvólvense en 5 sesións formativas cunha metodoloxía baseada fundamentalmente na participación activa das persoas asistentes para tratar de integrar dunha forma moito máis efectiva os contidos tratados.
Ide reservando as datas: os segundos mércores de mes (12 febreiro, 12 marzo, 9 de abril, 7 de maio e 11 de xuño) de 16.30 – 18.30h.
Importante: durante a actividade, os asociados podedes deixar os nenos na aula de tarde con cargo á ANPA, pero tendes que dicírnolo antes para planificar o servizo.