Empezamos este curso coas actividades da aula de nais e pais cunha actividade da Escola Galega de Consumo: unha charla titulada
«O consumo no Nadal: publicidade, compras e agasallos«.
Para que? para informarnos dos nosos dereitos en relación coas compras de Nadal, para a identificar a información e seguridade nos produtos que mercamos nestas datas.
Como? Propóñennos unha metodoloxía baseada na participación activa e a visualización de imaxes e contidos que induzan á reflexión e á tormenta de ideas, para responder as seguintes cuestións xerais:
- Que queremos?
- Que compramos?
- Por que o queremos e o compramos?
- Que alternativas temos?
Cando? xoves día 19 de decembro de 16.30 a 17.30 horas.
Inscrición? A Escola Galega de Consumo pidenos unha asistencia mínima para dar a charla, así que se vos interesa e pensades que ides poder asistir enviadenos un correo co voso nome e idade ou cubride o seguinte formulario:
Aula de tarde: durante o tempo da charla os asociados poderán usala de balde, pero será preciso avisar antes.