Banco de libros 2013

Resultado do banco de libros 2013

No banco de libros deste anos deixaron os libros 77 familias: 2 de Primeiro, 7 de Segundo, 20 de Terceiro, 21 de Cuarto, 17 de Quinto e 10 de Sexto. Máis do dobre do ano pasado!

Con esta distribución, nos cursos máis altos tivemos que “facer números” para facer un reparto equitativo e é posible que algúns reciban libros de menos materias que as que entregaron. Pero hai que analizalo en positivo : reciben máis que se non partipasen, ademais da satisfacción de colaborar nun labor altruista. Pola contra, nos cursos inferiores hai libros abondo para todos as participantes e incluso sobrou algún: lotes completos de Terceiro, de Inglés de Cuarto e algún de lectura de Segundo.

Por iso, entregaranse por orde de chegada estes libros que non están asignados a ningunha persoa. Pódense recoller mañá mércores e o xoves entre as 5 e 7 da tarde, na casa do bedel, ata que se agoten.

Outra aclaración importante: os libros da ESO recóllense nos institutos aos que vaian ir  os alumnos, nos días e horas que figuran na ficha de entrega.

Se tendes algunha suxestión, facédenola chegar! Grazas

Xa está aquí o banco de libros deste curso 2013!

En que consiste?
Esta iniciativa consiste en que se poden entregar os libros utilizados este curso polos nosos fillos e fillas e, a cambio, pódense recibir libros do próximo curso. Por exemplo, eu entrego os libros da miña filla de 3º e, a cambio, recibo os de 4º doutra nena que tamén os entregara.
Como podedes imaxinar, organizar isto non é un proceso sinxelo e require da boa vontade e colaboración de todas as persoas interesadas.
O máis importante é pensar que podemos entregar os libros que xa non imos necesitar e permitir que outra persoa os utilice é mellor que almacenalos para os nosos netos ou tiralos á cacharela.

Como funcionará?
Ás persoas que entreguen os libros dáselle un vale indicando que tén dereito a recibir outros. As persoas encargadas de recollelos comprobarán que os libros se atopan en bo estado (enteiros e limpos: borrados, con typex…). Cando remate o prazo de entrega os libros recibidos de cada curso repartiranse entre as persoas que entregasen os do curso anterior.

Libros que se recollerán:
Todos os do ciclo de primaria, aínda que os dos primeiros anos normalmente están moi escritos e poucos serven para reutilizar. Para os que entreguen os libros de 6º e vaian estudar en Pontepedriña ou Sar, organizarase a entrega de libros de 1º da ESO, en coordinación coas ANPA de Pontepedriña e Sar, da mesma maneira. Repartiranse os libros entregados entre as persoas que deixaran os libros de 6º no seu colexio

Datas de entrega e recollida:

Recollemos os libros este mércores 19 (coa autorización da Dirección do centro) e xoves 20 entre as 17:00 e 19:00 na “casa da bedel”. Despois de distribuílos entre todos participantes, entregámolos o mércores 26 e xoves 27 de xuño no mesmo horario e lugar. Ademais, o mércores 26 poderanse recoller de 10:00 a 12:00h.

Esta entrada fue publicada en Libros de texto. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s