Excursión de fin de curso

Este ano a ANPA do Colexio intentará de novo ir de excursión á illa de Arousa o día 1 de xuño do 2013 (máis información en http://www.ailladearousa.com)

A saída farase sobre as 9:30 da mañá, diante do colexio, chegando á Illa sobre as 10:30.

Pola mañá acudiremos á conserveira de Goday. Trátase da primeira fábrica moderna de conservas instalada en Galicia, no ano 1879. Nela pódense apreciar as distintas formas artesanais de elaborar as conservas (das que aínda se conservan mecanismos orixinais), así como achegarnos ao que é a ría de Arousa. Máis información en http://www.ailladearousa.com/que-visitar/historia-de-la-conservera-goday/

Polo mediodía, o autobús recolleranos sobre as 13:00 para achegarnos á zona da praia de Area da Secada, onde poderemos xantar campestremente (cada un leva o seu) no piñeiral que hai a carón do areeiro. Dicir que neste piñeiral cóntase con chiringuito e baños públicos, e que a praia ten acceso para cadeiras de rodas e carros de bebés.

Pola tarde poderemos gozar dunha panorámica diferente da ría da Arousa, así como de dunas e do faro da illa, que está a tiro de pedra pola costa. Deste xeito, quen queira pode gozar da praia, e quen non dar unha volta pola zona, para chegar incluso a descubrir algúns dos cons da illa (http://cuentoscancionespicto.blogspot.com.es/2011/09/os-bolechas-o-con-da-illa.html).

Para rematar volveremos no autobús, saíndo da Illa ás 19:00.

Quen estea interesado ou interesada en asistir, por favor, que cubra os datos requiridos e que faga a reserva no correo antes do 22 de maio. O pagamento pódese efectuar mediante ingreso na conta bancaria 2091-0349­-43-­3040001781 (NovaGalicia Banco), sinalando no concepto “Excursión illa de Arousa” e o nome dun neno/a matriculado no cole e remitir o xustificante por correo electrónico, xunto cos datos que se piden na ficha.

Custo da actividade: 6€/persoa para socios/as da ANPA, 8 €para non socios/as. Os menores de 3 anos irán gratis.

Importante: Os nenos que asistan han de ir obrigatoriamente acompañados dun adulto.

Esta entrada fue publicada en Excursión. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s