Neste mes de maio organizamos un obradoiro de cerámica para facer obxectos de barro en familia.
Poboación destinataria: Para a/os nena/os, a partir de 4 anos, acompañados da nai/pai, avó/a, irmá/n maior… A/os maiores de 9 anos poden vir sós, se así o prefiren.
Neste obradoiro poderemos cocer as pezas de barro modeladas pola/os nena/os. Para esto contaremos cun pequeno forno de serrín.
- Luns 13 de maio – O primeiro día moldearemos en barro as figuras que logo se van cocer.
- Luns 20 de maio – O segundo día encheremos o forno coas pezas secas e o serrín, e prenderemos o lume para facer a cocción.
- Mércores 22 de maio – O último día sacaremos as pezas cocidas do forno. Este momento sempre é de sorpresa e expectación. A/os nena/os levarán para casa os seus traballos.
Os participantes levarán un pano vello, ou similar, unha culler sopeira e un cepillo de dentes vello. Recoméndase que leven roupa que podan manchar ou un mandilón.
O custe do obradoiro completo para socios da ANPA é de 4 €/neno (3€/neno se son varios irmáns) e de 6 € para non socios (5€/neno se son varios irmáns).
Data límite de inscrición: mércores 8 de maio . Martes 7, de 9 a 9:30h, e mércores 8, de 13:40 a 14h, haberá unha persoa no local da ANPA do centro escolar, para recoller as inscricións.
Nome da/os nena/os: Idade: Nº de acompañantes: Socio: Si Non – Teléfono de contacto: 605 084 253