Dende a ANPA organizamos un obradoiro coa intención de xerar un espazo de aprendizaxe compartido na xestión dos conflitos que máis nos preocupan na educación das nosas rapazas e rapaces.
O obradoiro consta de 3 sesións formativas cun carácter eminentemente práctico na medida en que, partindo dos intereses dos adultos, desenvólvese un achegamento a diferentes habilidades e destrezas
para o afrontamento dos conflitos, usando metodoloxías que nos permitan coñecer de primeira man diversas estratexias para a resolución de conflitos.
Aínda que para sacarlle máis proveito, é conveniente asistir ás 3 sesións, tamén se pode asistir ás sesións soltas.
Agardamos a vosa asistencia.
Datas: 17, 22 e 24 de abril de 2013 – Horario: 16.30 – 18.30h.
Lugar: CEIP Ramón Cabanillas
Imparte: Ramón Molina de Arelar Xestión Socioeducativa
Importante: durante a actividade, podedes deixar os nenos na aula de tarde con cargo á ANPA, pero agradecemos que nolo digades antes para saber cantos van solicitar o servizo.
Grazas e felicidades pola realización do obradoiro.
É moi interesante ver como se poden afrontar os conflitos cos nosos fillos dende outra perspectiva. Foi unha pena que a asistencia fose reducida e anímovos a continuar con iniciativas deste tipo.
Grazas Eva polas túas palabras!
E sabemos que se non viñésedes, non habería obradoiro posible.