O vindeiro luns 18 de marzo faremos unha nova actividade para aula de nais e pais.
A doutora Dagmar Gabriela Nedelcu do Diana Institute, dos Tilos, falaranos sobre a Importancia vital do entorno na detección dos sinais de alarma, no que se refire a cambios na conduta dos nenos.
Abordará os sinais de alarma, o seu concepto e contextualización, os items a ter en conta, a integración do entorno como axente activo na detección/comunicación dos sinais de alarma e no tratamento do neno/a e remataremos cunha mesa redonda para resolver as dúbidas aos asistentes.
Día e hora: luns 18 de marzo ás 17:00 no CEIP Ramón Cabanillas.
Duración aproximada: 1 hora