Postura de Federación de ANPAS Compostela ante as mobilizacións do estudantado

A Federación Compostela de Anpas de Ensino Público quere facer pública a súa postura diante da convocatoria das xornadas de loita contra a Lei Wert convocadas polos sindicatos de estudantes para os próximos días 5, 6 e 7 de febreiro.
Para nós, as nais e pais de alumnos de ensino público da comarca de Compostela, é unha necesidade publicitar o noso apoio absoluto a esta convocatoria, reivindicar xunto coa nosa xuventude a petición de retirada dese proxecto de lei, e traballar para que a protesta da sociedade sexa, como así está sendo, cada vez máis ampla e rotunda.
Por iso tamén manteremos unha postura activa dentro das xornadas da próxima semana, invitando ás familias á participación naquelas manifestacións ou concentracións que se realicen, e difundindo, dende as anpas dos institutos de secundaria e bacharelato, a conveniencia de que as familias contribúan ao baleiramento dos centros de ensino, asumindo a necesidade de que os seus fillos e fillas non asistan a clase o mércores día 6 de febreiro, que é o día en que todos os sindicatos convocantes coinciden en chamar á folga.

E tamén queremos dicir que estudantes, familias e profesorado somos só unha parte da reivindicación educativa, porque a educación atinxe a toda a sociedade, non só aos seus conxunturais usuarios académicos, e porque dunha educación pública de calidade, inclusiva e igualitaria, sairá o futuro que queremos ter: unha sociedade máis xusta, máis equilibrada, consciente e capaz.

Por iso invitamos a todo o mundo, sexa cal sexa a súa situación social ou económica, á presenza constante na manifestación dunha postura de indiscutible rexeitamento a esta lei que ataca ó que, quizais, é o noso mellor ben: o noso sistema de educación pública.

Esta entrada fue publicada en Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s