Charlas informativas sobre o proxecto da lei orgánica de mellora da calidade educativa (lei Wert)

A Federación de ANPAS Compostela -integrada na Alianza Social Galega- e o Movemento compostelán en defensa do ensino público organizan  unha serie de charlas informativas sobre a coñecida como lei Wert.

Levamos varios meses vendo nos periódicos e na televisión noticias sobre a LOMCE (Ley orgánica de mejora de la calidad educativa) é dicir: unha nova lei de educación.
Como membros da ANPA, parécenos fundamental que as familias teñan información precisa de como é o sistema educativo no que participan os nosos fillos e fillas. Por iso, convocámosvos a unha charla na que o profesor do IES Pontepedriña, Javier Dapena, fará unha exposición dos cambios que, para o sistema educativo, suporía a implantación da lei. A continuación, os asistentes (nais, pais e docentes) poderán comentar, preguntar e intercambiar opinións sobre os contidos da charla.

Lembra que para o correcto funcionamento do sistema educativo, é importante que toda a comunidade educativa estea informada e participe nas decisións.

Onde e cando: na biblioteca do colexio o XOVES 29 DE NOVEMBRO ÁS 17:00 h.
Durante o tempo da charla, quen o precise poderá usar de balde o servizo da aula de tarde.

ACUDE, INFÓRMATE, PARTICIPA.

Esta entrada fue publicada en Uncategorized. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s