Comunicado de apoio á folga do mercores 14 de novembro

A ANPA do CEIP Ramón Cabanillas comunica o seu apoio á folga xeral do mércores 14 de novembro.

Como saberedes pola información que circula polos medios, esta folga celebrarase tamén en Italia e Portugal. Ademais foi convocada por todos os sindicatos e apoiada por un amplo conxunto de asociacións entre as que se conta a Federación de ANPAs de Compostela.

A razón de que unha asociación de nais e pais se sume a unha folga xeral é que consideramos que estamos a atravesar un momento de emerxencia social: tras unha reforma laboral na que os traballadores vimos minguados os nosos dereitos, o paro segue aumentando imparable, ao tempo que se recortan os salarios e os impostos soben, empobrecendo as clases medias de maneira palpable día a día.

E xa como ANPA, unido a todo o anterior que está empeorando a o nosa vida presente, aféctannos moi directamente os recortes en educación, que hipotecan o noso futuro e o dos nosos fillos e fillas: a educación sofre unha mingua da súa calidade, con aumento do número de alumnos por aula ou a redución de profesorado tanto en primaria como en secundaria, por máis que tenten disfrazarse as cifras ou as intencións destas medidas. E non debemos esquecer que temos á vista unha nova lei de educación, que claramente pretende beneficiar os intereses das clases altas, favorecer o ensino privado, e facer cada vez máis difícil o acceso ó ensino para as familias menos favorecidas economicamente.

Os recortes en educación son só unha pequena parte das razóns que unen a un bo número de colectivos a unirse nesta folga. Pero por si sos son abondo para movernos, para unirnos pedindo unha política que nos achegue a un futuro máis xusto, máis igualitario a través dunha educación pública de calidade e para todos.

A ANPA ese día manifestará a súa adhesión a esta protesta non ofrecendo actividades extraescolares pero mantendo aberta a aula de tarde.

Cremos que é moi importante que as autoridades perciban que non estamos de acordo co que nos están ofrecendo ni co que nos queren impoñer para o futuro. Coa participación de todos, a nosa voz soará máis forte.

Recibide un saúdo

A xunta directiva da ANPA

Esta entrada fue publicada en actividades y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s