Comunicado da Xunta Directiva

Este días está a aparecer en todos os medios de comunicación as convocatorias de mobilizacións dos estudantes durante esta semana.
Tamén está difundido o apoio que a Confederación estatal de anpa presta a estas mobilizacións, e especialmente, no que maiormente nos atinxe, a petición que esta confederación fai ás familias para que o próximo xoves non mandemos aos nosos fillos e fillas ao colexio.
A Federación de ANPA de Compostela, na que a nosa ANPA está integrada, ten unha postura común que se concreta nos seguintes puntos:
– Apoiamos totalmente as reivindicacións que motivan as mobilizacións que se están levando a cabo.
– Rexeitamos o novo anteproxecto de lei educativa recentemente presentado.
– Estamos en completo desacordo con calquera recorte que se realice na educación pública.

Non obstante, no que atinxe á convocatoria do día 18, entendemos que non podemos pedir ás familias que non envíen os seus fillos á escola, máis aínda nun contexto laboral tan incerto coma o actual, xa que a moitos de nós presentaríasenos un auténtico problema de conciliación familiar.
Pero si animamos a todas as familias á participación naquelas mobilizacións ás que, segundo a súa situación persoal e laboral,poidan asistir; e comunicaremos, en canto se coñezan, os lugares e horarios onde se realizarán.
Un saúdo

A Xunta Directiva da ANPA CEIP Ramón Cabanillas
Esta entrada fue publicada en Asamblea. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s