Banco de libros

29-6-2012: Moitas grazas a todos os que fixéstedes posible o banco de libros.
Unhas 30 familias entregaron libros do curso pasado e recibiron libros para o curso 2012-2013.  A experiencia foi positiva e esperamos poder repetila para o curso que ven.

******

Queremos recordarvos que, en colaboración coa Dirección do centro, para a semana poñemos en marcha o “banco de libros” para o curso 2012-13

En que consiste?
Esta iniciativa consiste en que se poden entregar os libros utilizados este curso polos vosos fillos e fillas e, a cambio, pódense recibir libros do próximo curso. Por exemplo, eu entrego os libros da miña filla de 1º e, a cambio, recibo os de 2º doutra nena que tamén os entregara.
Como podedes imaxinar, organizar isto non é un proceso sinxelo e require da boa vontade e
colaboración de todas as persoas interesadas.
O máis importante é pensar que podemos entregar os libros que xa non imos necesitar e permitir que outra persoa os utilice é mellor que almacenalos para os nosos netos ou tiralos á cacharela.

Como funcionará?
Ás persoas que entreguen os libros, daráselle un vale indicando que tén dereito a recibir outros. As persoas encargadas de recollelos comprobarán que os libros se atopan en bo estado (enteiros e limpos: borrados, con typex…). Cando remate o prazo de entrega os libros recibidos de cada curso repartiranse entre as persoas que entregaran os do curso anterior.

Libros que se recollerán:
Recolleranse os libros de 1º, 2º, 5º e 6º. Os libros de 3º e 4º cambian o próximo curso porque os cambia a editorial. Ás persoas que entreguen libros de 2º, gardaráselle o vale para o curso 2013- 2014, ou sexa para cando a nena ou neno vaia a 4º.
Para os que entreguen os libros de 6º e vaian estudar en Pontepedriña, organizarase a entrega de libros de 1º da ESO, en coordinación coa ANPA de Pontepedriña, da mesma maneira. Repartiranse os libros entregados entre as persoas que deixaran os libros de 6º no seu colexio.

Lugar e datas de entrega e recollida:
Na “casa da bedel”: o edificio que está ao final do patio cuberto. Accédese polo camiño que
bordea o colexio polo Leste.
Datas de entrega: 25 e 26 de xuño. Datas de recollida: 28 e 29 de xuño
Horario: de 17:00 a 19:00 da tarde

Colaboración: Se queredes, podedes participar na recollida e reparto dos libros. Podedes contactarnos en anpa@ceipramoncabanillas.es ou nos teléfonos 682538735 ou 682538226.

Esta entrada fue publicada en Libros de texto. Guarda el enlace permanente.

Una respuesta a Banco de libros

  1. Pingback: Actividades para final de curso | ANPA CEIP Ramón Cabanillas

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s