Bolsas de comedor escolar para o curso 2012/2013

Actualización 18/09/2012: O Concello de Santiago facilita a resolución provisional das axudas de comedor

…..

Onte saíu publicado no BOP a convocatoria para a concesión de bolsas de comedor escolar para o curso 2012/2013.

Tedes 10 días hábiles a contar dende o 14 de xuño, ou sexa ata o 25 de xuño, para presentar a solicitude.

Terán a condición de beneficiarias as unidades familiares empadroadas no Concello de Santiago de Compostela, con menores a cargo escolarizados nos centros públicos ou concertados do municipio, que cursen educación infantil (segundo ciclo) ou educación primaria obrigatoria.

Podedes consultar a convocatoria completa no seguinte enlace: BOP: convocatoria para a concesión de bolsas de comedor escolar para o curso 2012/2013

E a folla de inscrición é a seguinte: Solicitude bolsas do comedor

Para máis información, poñervos en contacto co Concello no teléfono 981 542 465

Nota: Dentro da convocatoria, solicítase un certificado por parte da ANPA de ter praza para o próximo curso no comedor. Estamos intentando que o Concello nos aclare se é necesario para o noso centro, tendo en conta que vai ser o propio Concello o que vai facer a xestión do comedor. Tan pronto nos aclaren este punto, enviarémosvos a información que nos facilite e, no caso de ser necesario, como poder obter ese certificado.

A partir de mañan, martes 19, estarán dispoñibles os certificados no comedor. Preguntarlle a Lucía, a encargada do comedor, por eles.

Esta entrada fue publicada en Axudas e Bolsas, Comedor escolar, Concello y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s