Aprazada para o sábado 16 de xuño
Xa temos avanzada a organización da excursión á illa de Arousa.
Para facer a inscrición definitiva, debedes pagar o importe da excursión e entregar o xustificante de pago á ANPA ata o 1 de xuño. Podedes facelo de calquera destes dous xeitos:
- mediante ingreso na conta bancaria 2080-0349-83-3040001781, sinalando no concepto “Excursión illa de Arousa” e o nome dun neno/a matriculado no cole e remitir o xustificante por correo electrónico, xunto cos datos que se piden na ficha de inscrición que se xunta ao final da noticia.
- de xeito presencial, entregando esta ficha e pagando no local da ANPA o martes 29 de maio de 17:00 a 18:00 ou o xoves 31 de 9:00 a 10:00.
Custo da actividade: 6.5€/persoa para socios/as da ANPA, 8 € para non socios/as. Os menores de 3 anos irán gratis.
Saída: 9 de xuño (sábado) ás 9:30 da mañá. Hora de chegada: sobre as 19h.
Importante: Os nenos que asistan han de ir obrigatoriamente acompañados dun adulto.
Se por razóns climatolóxicas a excursión se cancelara, devolveranse os cartos ingresados. Lembrámoslles que cada un de nós ha de levar o seu xantar e os nenos máis novos terán que usar cadeira para o automóbil