A maioría dos pais e nais estamos sinceramente motivados para ser eficaces na educación dos nosos fillos e fillas, queremos que estes cooperen e sexan responsábeis, pero ás veces non é tan doado como parece ou as nosas estratexias non teñen os resultados que desexaríamos.
Acabar coa conduta inadecuada e ensinar unhas regras de xeito claro e comprensible… é posible sen perder a voz, a paciencia e a compostura? E sen cansarse de repetir as cousas? E sen botar man de ameazas, reprimendas, persuasión e discusións?
Con un formato diferente e innovador, o TEATRO FORO, pretendemos apoiar aos pais e nais na súa tarefa educativa representando diferentes situacións da vida cotiá cos fillos e fillas na procura de solucións creativas vivencializadas e compartidas de xeito grupal, tendo o grupo de nais e pais un importante papel a hora de construír as situacións
Cando: mércores 9 de maio, ás 17h
Onde: CEIP Ramón Cabanillas
Organiza: DIRECCIÓN e ANPA do CEIP RAMÓN CABANILLAS en colaboración coa UMAD
Durante a actividade haberá servizo de garda de nenos a cargo de voluntarios da USC