Dende a ANPA, estamos intentando organizar unha excursión para o 9 de xuño (sábado) á illa de Arousa. Visitaremos o Centro de Interpretación das Conservas (aproximadamente unha hora e media) coa subida ao miradoiro Con do Forno. O xantar celebrarase no Parque Natural do Carreirón ou na praia da Area da Secada e a comida correrá por conta dos asistentes, levando cadaquén a súa. Volveremos sobre as 7 da tarde.
O prezo da actividade é de 6.5€ para socios/as da ANPA e 8 € para os non socios/as. Os menores de dous anos irán de balde.
Para calcular o número de autobuses necesitamos coñecer a xente que se apuntaría. Aqueles que pensedes ir á excursión, entregade cuberta esta ficha ou enviade a información por correo electrónico antes do 15 de maio ou cubrindo o seguinte formulario.