Dende o Concello organizan unha aula de vacacións para Semana Santa.
Vaise celebrar nos centros CEIP Raíña Fabiola e CEIP Monte dos Postes, ao longo dos días 2, 3, 4 e 9 de abril de 2012 en horario de 7:45 a 15:30 horas.
O servizos que se ofrecen son: madrugadores con e sen almorzo, actividades e obradoiros, e servizo de comedor.
A inscrición pódese realizar do 24 de febreiro ao 7 de marzo de 2012 (ambos os dous inclusive).
Para máis información, podedes consultar a páxina do Concello neste enlace: [Educación pon en marcha un programa de conciliación para a Semana Santa]
A ficha de inscrición podedes descargala de aquí: [Ficha de inscricción aula Semana Santa 2012]