Como sabedes este ano o concello ofrecerá escolas de Nadal (Nadalxogo) do 23 de decembro ao 4 de xaneiro en tres centro públicos da cidade (Pío XII, Ramón Cabanillas e Fontiñas). O horario é de 7:45 a 15:30 e ofrecerá servizo de madrugadores, actividades e obradoiros e comedor. A convocatoria oficial así como a folla de preinscricción está na páxina web do concello e na da ANPA en nadalxogo-2011-no-noso-centro .
O prazo de preinscrición remata o próximo luns 17 de outubro e tédela que entregar en calquera dos rexistros do concello. Podedes consultar aquí a sua localización: rexistros do concello.