Servizos para o curso 2011-2012

Os servizos de comedor, aula de mañá (madrugadores) e aula de tarde (ludoteca) comezan a funcionar dende o primeiro día de curso.

Para o comedor é necesario que os nenos leven un neceser co seguinte material:

  1. cepillo de dentes
  2. pasta de dentes
  3. un vaso
  4. unha toalla pequena
  5. un mandilón (opcional)

Para o pago do servizo, a empresa que ten a concesión do catering repartirá aos nenos unha folla no que se pedirá o número de conta para a domicialización bancaria.

Para o uso dos servizos é necesario ser socio da ANPA, para facerse socio tedes toda a información aquí: “facerse socio“, aínda que tamén se repartirán follas coas instrucións no comedor.

Igual que o ano pasado o horario do servizo de comedor será de 14:00 a 16:30, podendo recoller a os nenos dende as 15:30.

O horario do servizo de aula de mañá, comeza as 7:30 e dura ata a hora de comezo das clases. Tede en conta que non se lle dá almorzo aos nenos que cheguen con posterioridade ás 8:30.

O horario da aula de tarde será de 16:30 a 18:30.

Os nenos de infantil serán recollidos das aulas polas monitoras de comedor uns 10 minutos antes da finalización das clases para que non se mesturen coa saída do resto dos nenos do colexio. Os nenos de primaria baixaran eles sos ao comedor. É recomendable que estes primeiros días informedes aos mestres de que o neno vai ir ao comedor.

Os nenos de 3 anos no período de adaptación, cobraráselle por días soltos en vez de mes completo, xa que o normal é que as dúas primeiras semanas de curso só vai algúns días.

Podedes consulta o regulamento do comedor no seguinte enlace: regulamento do comedor

Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto con nós das seguintes maneira: datos da ANPA

Estas actividades contan con unha axuda da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo

Esta entrada fue publicada en Aula de mañá, Aula de tarde, Comedor escolar y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Una respuesta a Servizos para o curso 2011-2012

  1. A vosa información é bastante clara, aínda que como penso matricular a miña nena por primeira vez no voso centro, estou algo perdida..Necesitaría servicio de aula matinal e comedor en semanas alternas, xa que traballo unha semana de mañán e outra de tarde. Unha semana necesito aula e comedor e outra nin aula matinal nin comedor. Hay algún problema en facela usuaria discontinua?
    Gracias pola vosa contestación.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s