Actividades curso 2011/2012

Dende a ANPA estamos a organizar a actividades de cara ao curso 2011/2012. Estivemos traballando para ofertar unha variedade máis ampla de actividades que no curso pasado.

A actividades ofertadas son as seguintes:

Xadrez, será impartido por Roberto Patiño, membro do equipo de xadrez da Universidade de Santiago de Compostela, e campión galego de xadrez no ano 2000.

Na piscina universitaria farase a actividade de natación, só dispoñible para o alumnado de máis de 6 anos.

Organizadas polo colectivo Xandobela ofértanse as seguintes actividades, circo creativo, obradoiro de refugallo e de cociña. Podedes consultar máis información deste colectivo na súa páxina web http://www.xandobela.info

Dous monitores que imparten no Local Sociocultural do Castiñeiriño, María e Roberto son os que van a impartir as actividade de Xogos, baile e música tradicionais e Teatro.

O Club Deportivo, seguirá a impartir as actividades deportivas no centro, tal como leva facendo os últimos anos. Mantéñense as mesmas actividades que o ano pasado, Baloncesto, Predeporte,Fútbol sala, cambiase Kárate por Judo xa que nos parece unha mellor actividade para nenos de primaria, e ofértase a maiores a actividade de Patinaxe Artística.

A actividade de Informática, que non se puido levar a cabo o curso pasado, si será posible este ano ao estar xa montada a aula de informática do centro. Nun principio será impartida pola empresa Actex, a mesma empresa que se encarga da aula de madrugadores e do servizo de comedor. Este mesma empresa encargarase nun principio tamén da actividade de Inglés.

Tamén estamos intentando botar a andar unha Aula de tarde que faga de nexo de unión entre todas a actividades, e que permita unha mellor conciliación da vida familiar e laboral para aquelas familias que lles sexa necesaria. Para que isto sexa posible e todas as actividades vaian adiante é necesario a vosa participación, xa que moitas delas necesita un grupo mínimo de nenos para poder ir adiante. Se queredes que cada ano mellore a cantidade e a calidade das actividades do cole, matriculade os vosos fillos nas actividades que ofertamos, cantos máis sexamos mellores prezos e mellor oferta se pode facer.

Se tedes suxestións con respecto a actividades que botedes en falta ou a actividades da oferta que preparamos, non dubidedes en contactar con nós nos horarios de atención a pais, por teléfono ou por correo electrónico.

Saudos, directiva da ANPA do CEIP Ramón Cabanillas.

Esta entrada fue publicada en actividades y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s