Reunión para explicar a xestión do comedor escolar

Estas semanas están a saír na prensa varias noticias sobre as peticións das ANPA de Compostela de que sexan as administracións, Xunta e/ou Concello, as que se encarguen da xestión dos comedores escolares.

Para explicar a postura da directiva desta ANPA con respecto a este tema,  convócase a todos os pais e nais usuarios do servizo de comedor a unha reunión informativa o día xoves 14 de abril as 16:30 horas.

Atentamente, a Directiva da ANPA do CEIP Ramón Cabanillas.

Esta entrada fue publicada en Comedor escolar. Guarda el enlace permanente.

Deja un comentario